O Alg-a Lab é un laboratorio de experimentación cultural posto en marcha en 2008 pola comunidade de artistas Alg-a (2003), en colaboración por unha banda co arquitecto e activista Santiago Cirugeda, facilitador de 2 colectores habilitados para vivenda dentro do seu proxecto
Recetas Urbanas (xerme da actual
Rede Internacional de colectivos Arquitecturas Colectivas), e por outra cun particular da parroquia de Valadares (Vigo), quen nos ofreceu unha leira de 3000m2 en réxime de cesión por 10 anos, onde están actualmente instalados os colectores.