Artista e poeta sonoro con longa traxectoria internacional. Naceu en Oporto en 1964. Estudiou Escultura/Instalación con Christian Boltanski na Escola de Belas Artes de París, e en 1992 trasladouse a Barcelona, onde vive e traballa actualmente. O seu traballo abrangue principalmente o son, mais tamén a poesía visual/sonora e as artes visuales. A maioría das súas obras, a menudo de factura doméstica, están feitas de procesos inestábeis, de restriccións conceptuais ou de sistemas formais dunha simplicidade desconcertante, nos que a manipulación de obxectos como instrumentos ou instrumentos como obxectos adquire un forte carácter fenomenolóxico. Conta cunha moi extensa discografía en selos prestixiosos europeos, xaponeses e estadounidenses. Entre as súas colaboracións con videoartistas e cineastas, destaca a música para a curta “Lo Jardí de les rahons perdudes”, de Daniel B. Farré, ou o son para a curta en 16mm “The kiss”, seleccionado por el famoso festival de cine experimental Ann Arbor Film Festival en Detroit (USA). Impartíu workshops sobre improvisación en Janácek Academy of Music and Performing Arts (Brno, Czech Republic), Hangar (Barcelona), Arteleku (San Sebastián), ESDI (Barcelona), Trashvortex (Paris), Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, ESAD (Caldas da Rainha, Portugal), Crossroads durante el año John Cage, (Lublin, Polónia), entre otros. Presentou o seu traballo en varias exposicións individuais e colectivas. Colaborou con innumerábeis músicos, coreógrafos, bailaríns, artistas visuis, cineastas e videoartistas de nacionalidades moi diversas e fixo xiras por toda Europa, Canadá e Xapón.