O Sábado 25 deste mes (Febreiro) acollemos unha xornada híbrida, de exposición e conversa, cun pequeno obradoiro e diferentes intervencións e convidad@s. A sesión vén proposta através do Programa de Estudos en Mancomún que coordina o colectivo Monte Noso xunto á Universidade de Santiago de Compostela, a través do grupo de investigación HISTAGRA e coa financiación de Fundación Daniel & Nina Carasso entre outros colaborador@s. A noso plantexamento é, como vén sendo habitual, tecer pontes entre o tradicional e o tecnolóxico, o pasado e o futuro, a innovación e a memoria.
A xornada comezará cunha conversa con representantes da Asoc. Mulleres Rurais de Bamio e Beatriz Comendador, quen nos explicarán as memorias agochadas a través desta forma artesanal de facer a louza, así como o traballo que están impulsando de cara a recuperar a memoria desa terra. Dende a mañá estará instalada en Alg-a Lab unha exposición sobre o proxecto Louceiros de Bamio.
Posteriormente seguirá unha intervención de Samuel Otero residente de Alg-a Lab quen abordará a hibridación na técnica escultórica; o artesán e as novas técnicas de 3D, seguido dunha conversa con Eloi Mancebo, impulso de Feitura, con que falaremos sobre os usos que da a impresión 3D para mellorar a creación de pezas. A sesión contará cunha exposición efémera de traballos.
A través desta mestura de saberes e coñecementos e co obxectivo de ampliar a investigación a outras posibles persoas interesadas é polo que se abre esta Expo-Obradoiro que terá lugar na sede do Alg-a Lab o 25 de Febreiro, co obxectivo de aquelar o espazo gustaríanos que se tes interese en participar nolo fixeras saber a través dun email a info@estudosenmancomun.gal (a selección farase por rigorosa orde de inscrición).
Agardámosvos !!!