Aldea Lúdica | Presentación en Porto

Posted · Add Comment

O próximo Venres 10 de Abril apresentamos na cidade de Porto o proxecto Aldea Lúdica: deseño xerativo para sistemas urbanos, que está a desenvolver Alberto (de @cerojugadores) de residencia en Alg-a Laboratório. A modo de prototipo de #rede e como #ecosistema, estamos a desenvolver con Alberto unha interface multiaxente dos movementos de recursos, persoas e coñecemento na Rede Imaxinaria, de cara a coñecer o rendemento desta propia rede, a súa optimización ou as súas perdas; insertala nun sistema ou concepción entrópica segundo as variábeis de #investigación #desenvolvemento e #innovación entendéndoas como fases nun mesmo proceso que ten como fin respostar á pregunta: como producen os nodos dunha rede innovación?

Este Venres (Sexta Feira) 10 Abril ás 18h nos atoparás no Espaço Compasso, Rúa da Torrinha, 113, Oporto. Até ja!

CB5OiuIWEAA__qP

Presentación en Alg-a Lab o 25 de Marzo

 
 

Propón, solicita, participa con...


Residencias

Proponnos un proxecto para desenvolver en residencia através dos programas que temos implementados.

Eventos

Podes empregar o espazo para presentar unha peza de teatro, concerto, live sesion, instalacións en espazos peculiares, etc.

Workshops

Proponnos o teu obradoiro, actividade de formación, divulgación, palestra

Coñece Alg-a Laboratorio
visítanos en 360°

ALG-A LAB 360°