DESEÑO XERATIVO PARA SISTEMAS URBÁNS
Presentación do proxecto o Mércores 25 de Marzo ás 19h en Alg-a Lab.
Alberto Alberludo (@cerojugadores) proponnos unha residencia para investigar o deseño urbán e as relacións sociáis, dende unha perspectiva moi singular: “O traballo exposto presenta unha aproximación combinada ao marco teórico-práctico do deseño xerativo para os sistemas urbanos. Con isto preténdese pór en valor que a incorporación das lóxicas de computación no proceso da arquitectura, no seu sentido amplo, non só supón unha ampliación do campo de datos obxectivos, senón un cuestionamento cara as distintas xerarquías latentes dende a secuencia de diseño, a participación social ou os difusos límites da nosa relación coa máquina“. Así nos presenta Aldea Lúdica (máis info), un eufemismo un tanto provocativo para revertir se cabe, os parámetros de control aos que hoxe en día se ve sometida a cidade. Pódenmos servir as Ciencias da Computación, a Teoría de Xogos, o Deseño paramétrico e outras metodoloxías de xestión e xeración de información como sistema de aprendizaxe para o deseño da cidade? Quizais un prototipo para isto sexa a “aldea”; e quizais, Valadares, como Parroquia de veciñ@s cumpra unha funcionalidade semellante.
Desfrutaremos da presenza de @cerojugadores apartir do 25 de Marzo, e durante un mes, no que practicamente todos os días están xa asignados cunha tarefa. Recollida de información, valoración, visualización de datos. Ademais o proxecto dá continuidade a outras intervencións desenvoltas dende Alg-a Lab como Psicocartografía de Paco Inclán ou Mapa subxectiva de Valadares de Agatha Dzianach.