Atari Punk Console é un circuÌto productor de sons, un clásico dende a súa aparición en 1980. Ademáis é o primeiro paso para construír outro tipo de ferramentas como órganos ou pedais de guitarra. Neste obradoiro construiremos un Atari Punk Console e aprenderemos as bases da electrónica (DIY) “faino ti mesm@”, dende a interpretación de esquemas a soldadura de circuitos. Non é necesaria experiencia previa.
O mundo do “faino ti mesm@” (Do It Yourself) renovouse nos últimos tempos con novas propostas baseadas en conceptos orixinais. Asi é como coñecemos a diario un novo robot, veículo ou o que sexa feito de lego, máquinas de Rude Goldberg traídas ao mundo real, entre outras xenialidades.
O corazón do circuíto é un temporizador IC 556 dual e só precisa de dous controles (frecuencia do oscilador e control de lonxitude do pulso) para funcionar. Estes potenciómetros foron reemprazados en distintos desenvolvementos por teclas, presión, temperatura e até luz. O circuito é tan pequeno que pode ser ensamblado en calquera tipo de caixa, até nunha de pastillas como amosa a imaxe que ilustra a nota.