Atópanos en TAZ Archive

Posted · Add Comment

O grupo Todo Por la Praxis inclúenos no seu arquivo TAZ (Temporal Autonomous Zone) xunto a outros e destacados espazos en todo o mundo (principalmente en Europa e América Latina) que serven como espazos de investigación, innovación e encontro para artistas e persoas relacionadas co coñecemento e a sustentabilidade. Podes consultar a continuación o mapa de espazos sinalados:

Ver pantalla completa

“O arquivo TAZ é un observatorio que recolle experiencias de espazos de auto-organización cidadá: Hortas urbanas, centros sociais ou espazos culturais autónomos como campo de experimentación dunha nova autoxestión urbana.

A intención é xerar un directorio de espazos que permita facer unha lectura sintética da información dos mesmos, e poder así extraer os elementos relevantes para entender estas iniciativas dende un punto de vista iniciático.

Deste xeito, pode plantexarse como unha guía que te permita a posta en marcha de proxectos en base a experiencias xa realizadas, ou ser una plataforma que te permita conectar con todas elas”. Todo Por La Praxis.

 
 

Propón, solicita, participa con...


Residencias

Proponnos un proxecto para desenvolver en residencia através dos programas que temos implementados.

Eventos

Podes empregar o espazo para presentar unha peza de teatro, concerto, live sesion, instalacións en espazos peculiares, etc.

Workshops

Proponnos o teu obradoiro, actividade de formación, divulgación, palestra

Coñece Alg-a Laboratorio
visítanos en 360°

ALG-A LAB 360°