A cámara obscura é un dos dispositivos ancestrais que conduxeron ao desenvolvemento da fotografía. Consiste nunha caixa pechada e un pequeno buraco polo que entra unha mínima cantidade de luz que proxecta na parede oposta a imaxe do exterior. Quizáis o seu precursor foi o matemático árabe Alhacén, pouco antes do ano mil, mais serían Kepler primeiro e despois Da Vinci quen as populizarían en Europa.

FLIERC4MARABL4NCA

O que proponemos con C4MARA BR4NCA é unha reinvención deste dispositivo no espazo dixital: como se adaptaría? que significaría? que resposta ten un medio tan interactivo como o dixital ante este fenómeno? Seguindo a liña de investigación aberta con herm3TICa: cámaras, sensores e telepresenza recollemos pautas xeradas na “cabina adivinatoria do tarot” aplicándoas agora nun espazo de experimentación abstraído: o motivo da cámara obscura ou caixa máxica d@s alquimistas.

Con elo, continuamos a nosa procura das conexións entre alquimia e tecnoloxía(s) da información e a comunicación, baixo o paraugas do que chamamos herm3TICa: non procura a maxia a reinvención do nexo supostamente necesario causa – efecto? Non é una forma de disociar causas – efectos, situándonos no seu intersticio, abrindo a súa fisura e reciclando sempre a información do proceso para novas pautas e patróns xerativos?

 
 

Propón, solicita, participa con...


Residencias

Proponnos un proxecto para desenvolver en residencia através dos programas que temos implementados.

Eventos

Podes empregar o espazo para presentar unha peza de teatro, concerto, live sesion, instalacións en espazos peculiares, etc.

Workshops

Proponnos o teu obradoiro, actividade de formación, divulgación, palestra

Coñece Alg-a Laboratorio
visítanos en 360°

ALG-A LAB 360°