Unha estufa rusa é un tipo especial de estufa que apareceu por vez primeira no século XV. Emprégase tanto para cociñar, como para calefacción doméstica. A estufa rusa queima leña ou residuos de madeira. Está deseñada para manter o calor durante longos períodos de tempo (6 ou 7 horas). Isto acádase mediante a canalización do fume e o aire quente producido pola combustión através dun complexo labirinto de pasaxes, quentando os ladrillos empregados para a construcción das paredes da estufa.
Durante a xornada do SÁBADO 25 XANEIRO abrimos as portas para amosar o grosso desta construción, tendo avanzado xa os preparativos: construcción da base, adquisición do material, confección das distintas portas de ferro, etc.) e comentaremos todo o proceso:
- 10h: preparativos e comezo de construción da estufa
- 13h: charla sobre os pormenores da estufa rusa. Por Alex F. Palicio.
- 14:30h: xantar popular vegano (4€).
- 16h: continuación construción estufa rusa.
- 19h: café e conclusións.
- TODO O DÍA: documentación da xornada con fotografías comentadas.