MIPA en Valadares

Posted · Add Comment

O Museo de Democracia, Cidadanía e Participación [MIPA] que promove a Asociación À Praça de Oporto, fixo unha parada en Valadares, durante o Encontro de Cultura Libre Feira Imaxinaria 2015, aproveitando para coñecer, documentar e intervir sobre o mesmo. O proceso MIPA, é un proceso de Activación e para a Capacitación, baseado no que denominan “Documentación para a Acción“, de tal modo que a práctica artística sexa unha ferramenta que serva para as propias comunidades sobre as que fala e sobre as que actúa. Que a arte polo tanto non empregue tanto o coñecemento popular e as súas xentes coma obxectos, senón mellor, como suxeitos e, máis ainda, que lles axude a indagar nas súas problemáticas e porse no camiño de resolvelas ou facilitar cando menos estas resolucións. Neste senso, o MIPA funciona a modo de “Servizo público“, mediando entre as institucións públicas e a cidadanía, dimensionando artisticamente unhas situacións que moitas veces pasan desapercibidas polo carácter excepcional e singular que ten toda situación e problemática. Sabemos que os mecanismos de representación non están deseñados, especialmnente para elo.

Material xerado polos artistas Teresa Cavalheiro and Vasco Costa durante a súa residencia en Alg-a Laboratory en Agosto-Setembro de 2015.

 
 

Suggests, requests, participates with ...


Residences

Propose a project to develop in-residence through the programs that we have implemented.

Events

You can use the space to present a piece of theater, concert, live sesion, facilities in spaces peculiar, etc.

Workshops

Propose your workshop, training activity, release, lecture

Know Alg-a Laboratory
visit us at 360 °

ALG-A LAB 360