Encontro da Rede Arquitecturas Colectivas 2013

Posted · Add Comment
logo_O_03

Comprácenos este ano acoller o encontro 2013 da rede Arquitecturas Colectivas. O Laboratório Alg-a, sede social e espazo de investigación de Alg-a Asociación, xorde, en tanto que sede física, coa cesión de dous contenedores por parte do proxecto Recetas Urbanas, prolegómeno do que é hoxe Arquitecturas Colectivas. Dende entón levamos varios anos mantendo un proxecto de cultural, que tende a ser holísitico, polo menos no sentido de deseñar un espazo que dende o arte e a teconoloxía, tende a acoller distintas vertentes vencelladas á cultura libre.

Alg-a Laboratório é un espazo situado en Valadares, nunha finca en cesión na que fumos instalando e recuperando, ademais dos containers de recetas urbanas, novos espazos. Neles levamos a cabo residencias artísticas, workshops, encontros, feiras e reunións de traballo. A finalidade máis técnica e específica do espazo é servir de laboratorio dos media (novos media), mais nun sentido máis amplo funcionamos como un centro social 2.0; practicando formas de xestión vencelladas á cultura dixital, o P2P e o procomún.

Neste senso é moi importante a relación do Laboratorio co seu entorno: dende o máis inmediato, procurando unha vida autosustentábel mediante a permacultura, a bioconstrución e a reciclaxe; mais tamén a nivel veciñal, fomentando o vínculo coa parroquia, intercambiando labouras no seu banco de tempo, etc. Por último participamos en diferentes encontros nacionais e internacionais vencellados a novas formas de xestión, cultura libre, P2P e producción cooperativa e distribuida de prácticas e coñecementos.

 
 

Propón, solicita, participa con...


Residencias

Proponnos un proxecto para desenvolver en residencia através dos programas que temos implementados.

Eventos

Podes empregar o espazo para presentar unha peza de teatro, concerto, live sesion, instalacións en espazos peculiares, etc.

Workshops

Proponnos o teu obradoiro, actividade de formación, divulgación, palestra

Coñece Alg-a Laboratorio
visítanos en 360°

ALG-A LAB 360°