A cámara obscura é un dos dispositivos ancestrais que conduxeron ao desenvolvemento da fotografía. Consiste nunha caixa pechada e un pequeno buraco polo que entra unha mínima cantidade de luz que proxecta na parede oposta a imaxe do exterior. Quizáis o seu precursor foi o matemático árabe Alhacén, pouco antes do ano mil, mais serían Kepler primeiro e despois Da Vinci quen as populizarían en Europa.

FLIERC4MARABL4NCA

O que proponemos con C4MARA BR4NCA é unha reinvención deste dispositivo no espazo dixital: como se adaptaría? que significaría? que resposta ten un medio tan interactivo como o dixital ante este fenómeno? Seguindo a liña de investigación aberta con herm3TICa: cámaras, sensores y telepresenza recollemos pautas xeradas na “cabina adivinatoria do tarot” aplicándoas agora nun espazo de experimentación abstraído: o motivo da cámara obscura ou caixa máxica d@s alquimistas.

Con elo, continuamos a nosa procura das conexións entre alquimia e tecnoloxía(s) da información e a comunicación, baixo o paraugas do que chamamos herm3TICa: non procura a maxia a reinvención do nexo supostamente necesario causa – efecto? Non é una forma de disociar causas – efectos, situándonos no seu intersticio, abrindo a súa fisura e reciclando sempre a información do proceso para novas pautas e patróns xerativos?

& Nbsp;
& Nbsp;

Sugiere, solicita, participa con...


Residencias

Proponer un proyecto para desarrollar en residencia a través de los programas que hemos implementado.

Eventos

Usted puede utilizar el espacio para presentar una obra de teatro, concierto, sesion en vivo, instalaciones en espacios peculiares, etc.

Talleres

Proponer su taller, actividad de formación, divulgación, conferencia

Coñece Alg-a Laboratorio
visítanos en 360°

ALG-A LAB 360°