MIPA en Valadares

Publicado · Añadir comentario

O Museo de Democracia, Cidadanía e Participación [MIPA] que promove a Asociación À Praça de Oporto, fixo unha parada en Valadares, durante o Encontro de Cultura Libre Feira Imaxinaria 2015, aproveitando para coñecer, documentar e intervir sobre o mesmo. O proceso MIPA, é un proceso de Activación e para a Capacitación, baseado no que denominan «Documentación para a Acción«, de tal modo que a práctica artística sexa unha ferramenta que serva para as propias comunidades sobre as que fala e sobre as que actúa. Que a arte polo tanto non empregue tanto o coñecemento popular e as súas xentes coma obxectos, senón mellor, como suxeitos e, máis ainda, que lles axude a indagar nas súas problemáticas e porse no camiño de resolvelas ou facilitar cando menos estas resolucións. Neste senso, o MIPA funciona a modo de «Servizo público«, mediando entre as institucións públicas e a cidadanía, dimensionando artisticamente unhas situacións que moitas veces pasan desapercibidas polo carácter excepcional e singular que ten toda situación e problemática. Sabemos que os mecanismos de representación non están deseñados, especialmnente para elo.

Material xerado polos artistas Teresa Cavalheiro y Vasco Costa durante a súa residencia en Alg-a Laboratorio en Agosto-Setembro de 2015.

& Nbsp;
& Nbsp;

Sugiere, solicita, participa con...


Residencias

Proponer un proyecto para desarrollar en residencia a través de los programas que hemos implementado.

Eventos

Usted puede utilizar el espacio para presentar una obra de teatro, concierto, sesion en vivo, instalaciones en espacios peculiares, etc.

Talleres

Proponer su taller, actividad de formación, divulgación, conferencia

Coñece Alg-a Laboratorio
visítanos en 360°

ALG-A LAB 360°