Fabricación dixital | Obradoiro no Marco de Vigo

Posted · Add Comment

A fabricación dixital está a revolucionar o mundo das cousas, afrontando dende novas perspectivas e formulacións o deseño e construción de todo tipo de pezas e compoñentes. A fabricación dixital non só nos permite fabricar utensilios antes reservados a complexos procesos industriais, senón que tamén brinda a oportunidade dun entorno aberto de prototipado, cuestiona a eficiencia e finalidade do que nos rodea, e tende cara a unha implementación intelixente (smart) dos obxectos na chamada “Internet das cousas”.

A través do #SalóndoMARCO propoñemos a realización deste obradoiro que terá lugar o 9 e 10 de xuño. O venres 9 de xuño o horario será de 19.00h a 21.00h. Habilitarase un espazo práctico onde se amosarán máquinas e diferentes pezas e posibilidades de impresión, e problematizarase a democratización das tecnoloxías de fabricación.

O sábado 10 de xuño, en horario de 10.00h a 13.00h, abordarase de que modo a fabricación dixital e as novas tecnoloxías afectan ao proceso e resultados creativos de artistas, deseñadores, arquitectos, fotógrafos… sempre dende a base da mistura de disciplinas creativas co fío conductor da tecnoloxía; dende a súa perspectiva persoal e profesional. Ao mesmo tempo terá lugar unha oficina de asesoría para proxectos 3D printing.

Os mediadores deste Obradoiro de Fabricación Dixital son:

Marco Durán: Emprendedor social. Programador de Software. Membro da Makerversity Londres. Residente en Alg-a Lab. Socio Fundador da FabSpace Cooperativa. Coordinador da FabLab Vigo. Nos últimos tres anos ten investigado sobre os novos modelos productivos que se desenvolveron grazas non soamente ás tecnoloxías senón ao grado de masificación das mesmas, xurdindo novas formas sociais de interacción tecnolóxica cunha profunda transformación nas nosas sociedades.

Marta Verde: Artista visual e programadora creativa afincada en Madrid. Licenciada en Belas Artes e especializada en Media Arts e Tecnoloxías Dixitais para a Escena. Programa FabAcademy de especialización en fabricación dixital da Fab Foundation (MITs Center for Bits & Atoms). Desenvolve visuais, gráficos xerativos e interactivos, dispositivos electrónicos personalizados, wearables e instalacións interactivas para músicos, compañías de danza e teatro, artistas, deseñadores, institucións.

 
 

Propón, solicita, participa con...


Residencias

Proponnos un proxecto para desenvolver en residencia através dos programas que temos implementados.

Eventos

Podes empregar o espazo para presentar unha peza de teatro, concerto, live sesion, instalacións en espazos peculiares, etc.

Workshops

Proponnos o teu obradoiro, actividade de formación, divulgación, palestra

Coñece Alg-a Laboratorio
visítanos en 360°

ALG-A LAB 360°