Festa da Democracia

Posted · Add Comment
Aproveitando o debate histórico entre candidatos queremos festexar a participación: ti decides! Non quedes no medio !!! A Democracia é un sistema de participación que nos pertence a tod@s, como cidadanía e soamente esixindo e practicando o noso dereito a voto, posibilitamos un exercicio saudábel da mesma. Sen embargo, alén diso, pensamos que non é dabondo co mecanismo de representación plasmado no voto, senón que temos que achegarnos a formas máis dialóxicas e abertas, que favorezan e xeren incluso, novas posibilidades de participación, creación e contraste da información. Este Luns 7 de Decembro convidámoste a un encontro festivo e aberto no que valorar, non soamente, a nosa intención de voto. [Consulta aquí o evento en Facebook].

NO_LES_VOTES #StopEfectoCamiseta from J. JOAQUIN MARCOS REALIZADOR on Vimeo.

 
 

Propón, solicita, participa con...


Residencias

Proponnos un proxecto para desenvolver en residencia através dos programas que temos implementados.

Eventos

Podes empregar o espazo para presentar unha peza de teatro, concerto, live sesion, instalacións en espazos peculiares, etc.

Workshops

Proponnos o teu obradoiro, actividade de formación, divulgación, palestra

Coñece Alg-a Laboratorio
visítanos en 360°

ALG-A LAB 360°