HALO + Sitrama en Alg-a

Posted · Add Comment

O domingo 7 imos montar unha guapa sesión a esa hora que a xente vai deixando as praias. Un momento ben xeitoso para gozar de dúas actuacións ao aire libre co solpor e o fresco da herba da nosa zona de Valladares. Dúas actuacións ben interesantes nunha onda nada convencional, Sitrama coa súa mestura de kraut, psicodelia, progresivo etc e a improvisación libre do colectivo HALO. Nesta ocasión da man de Macarena Montesinos ao Chelo, Stéfano á electrónica e Pablo Orza a guitarra e voz. Organizado con moitas gañas de disfrutalo por Alg-a Lab e María&Paulo

Sïtrâmâ (Barcelona)
Sïtrâmâ é o resultado de tres décadas de música. Collede o rock clásico do sesenta, mesturádeo co rock progresivo do setenta e para acabar engadídelle o kraut rock e o dark wave do oitenta e aí o teneis. Esta formación catalá é amante da improvisación, dos teclados e, por que non dicilo, do mais puro rock nas súas versións mais espaciais. En definitiva un moi recomendable disco para todos aqueles que gusten do rock mais espacial e progresivo, pero que tamén pode cativar a foráneos destes xéneros.

HALO

Concerto Improvisación libre / electrónica / noise / minimal

As Sesións H.A.L.O. créanse hai xa mais dun ano polo colectivo IMPROVIGO para incorporar ao marco artístico de Vigo unha escena centrada na libre improvisación, situados na contorna underground onde a mentalidade artística está mais latente e aberta. Cada sesión agrupa a un número determinado de músicos, asignados sen criterio aparente, incluso aleatoriamente e sen ningún tipo de ensaio previo. Tamén traballan a música expontánea dirixida nos encontros ETAR (Estamos Todos Aqui Reunidos), e crean un ensemble chamado 700Fíos. A pesar de estar ubicadas en Vigo, este colectivo está formado por músicos de toda Galicia, procedentes de todos os ámbitos e xéneros musicais, e colabora con artistas peninsulares. Improvisación libre, intuición e conciencia do momento presente.



 
 

Propón, solicita, participa con...


Residencias

Proponnos un proxecto para desenvolver en residencia através dos programas que temos implementados.

Eventos

Podes empregar o espazo para presentar unha peza de teatro, concerto, live sesion, instalacións en espazos peculiares, etc.

Workshops

Proponnos o teu obradoiro, actividade de formación, divulgación, palestra

Coñece Alg-a Laboratorio
visítanos en 360°

ALG-A LAB 360°