herm3TICa. Cámaras, sensores e telepresencia

Posted · Add Comment

Proxecto de innovación, desenvolvemento e investigación en Artes escénicas e Visuais através das novas tecnoloxías (TIC’s) para a súa difusión e promoción, o achegamento a novos públicos, a retransmisión alén das nosas fronteiras e a mellora de ferramentas tecnolóxicas destinadas a profesionalizar o sector. Reformulamos o concepto “hermética” da tradición através das TIC nun espazo no que o pechado físicamente convértese en aberto mediante cámaras e sensores, a súa interactividade e a posibilidade de telepresencia. Xérase así un espazo de “lectura” que, incluso nas correntes actuais de pensamento, vencéllase á “hermenéutica”, mais saíndo do escollo do “suxeito pensante”; a súa relatividade, a cuestión de quén é o que interpreta; pasando a situarnos nunha cuestión que comeza a ser social, epocal, colectiva: os dispositivos tecnolóxicos, o espazo “videovixiado” e as conexións telemáticas.

 
 

Propón, solicita, participa con...


Residencias

Proponnos un proxecto para desenvolver en residencia através dos programas que temos implementados.

Eventos

Podes empregar o espazo para presentar unha peza de teatro, concerto, live sesion, instalacións en espazos peculiares, etc.

Workshops

Proponnos o teu obradoiro, actividade de formación, divulgación, palestra

Coñece Alg-a Laboratorio
visítanos en 360°

ALG-A LAB 360°