Mapa subxectivo Valadares

Posted · Add Comment
PageLines-layout_mapasubjetivadevaladares_agataruchlewiczdzianach.jpg

Durante 2012 a deseñadora e arquitecta Agata Ruchlewicz-Dzianach elabora este mapa subxectivo especificamente sobre o territorio de Valadares. O proxecto, ao mesmo tempo técnico e analítico como social, trata de esclarecer un código subxectivo dos lugares, vencellado a imaxes, recordos, historias que se acumulan nun buzón de voz de uso libre que o proxecto tamén implementa. O proxecto desenvólvese dentro do Programa de residencias de Alg-a Laboratório (diario da residencia) e conta coa colaboración do Banco de Tempo de Valadares. Foi seleccionado para presentación durante o Festival Internacional de Arquitectura EME3 en Barcelona (Espana, 06.2012), foi presentado durante Pecha Kucha en Barcelona (Espana, 07.2012), durante Feira Imaxinaria / Summer of Labs (Galicia, 08.2012), durante Feira de Proxectos Culturais en Varsovia (Polonia, 11.2012) e durante Feira de deseño Culturgal en Pontevedra (Espana, 12.2012). Por último o proxecto foi co-financiado por Beca Cultural da Cidade de Gdansk.

 
 

Propón, solicita, participa con...


Residencias

Proponnos un proxecto para desenvolver en residencia através dos programas que temos implementados.

Eventos

Podes empregar o espazo para presentar unha peza de teatro, concerto, live sesion, instalacións en espazos peculiares, etc.

Workshops

Proponnos o teu obradoiro, actividade de formación, divulgación, palestra

Coñece Alg-a Laboratorio
visítanos en 360°

ALG-A LAB 360°