- Samuel Otero: Deliñante e activista hacker é exerce actualmente de mediador e facilitador do espazo dende 2016.
- Marco Durán: emprendedor e investigador, estudiou as potencialidades dos modelos cooperativos e coordinou a posta en marcha da FabLab Vigo orientada a producción Maker e o deseño libre e aberto. Formou parte do equipo de mediación e facilitación dende 2014 até 2016.
- Manuel Cebral: filósofo e investigador, propuxo eventos como Feira Imaxinaria Contemporánea e desenvolveu investigacións como herm3TICa. Cámaras, sensores e telepresencia. Foi coordinador do laboratorio dende 2011 até 2017.
- Irene La Sen: arquitecta e poeta, colaborou intensamente en encontros como Arquitecturas Colectivas 2013, a coordinación de Workshops ou a mellora estructural do laboratorio. Foi parte do equipo de xestión e mediación dende 2013 até 2014.
- Ignacio Muñoz: músico e improvisador é un dos membros cuasi orixinarios de Alg-a e formou parte do equipo de mediación e xestión do laboratorio dende 2010 até 2014. Desenvolveu proxectos como Orquestra Exploratoria entre outros.
- Gustavo Sanromán: historiador e activista vegano colaborou en todo tipo de tarefas como xestión do espazo, loxísitca, infraestructura e residencias. Agora mesmo desenvolve tarefas semellantes en ZKU Berlín.
- Natasha Crofton: Educadora e activista ecosocial impulsou a organización do laboratorio durante os primeiros anos (2008-2010) sentando as bases da admininstración e loxística da entidade.