Radio Piratona | directo !

Posted · Add Comment

A Radio Piratona xa está emitindo dende Alg-a Laboratório. Xa podes escoitar a Piratona en directo tanto através de Internet en http://piratona.alg-a.org/directo como nas ondas de Vigo e Val Miñor no 106.1 FM. Estamos recomezando esta nova etapa, despois de máis de dous anos de parón e por problesmas técnicos e humáns, agardamos pronto ter moito que ofrecer e volver a ser unha voceira d@s sen voz, no que atinxe ao Sur da Galiza. Se tes gañas de facer un programa contacta con nós através deste formulario. Ademais, nesta nova etapa Radio Piratona colabora coa Comunidade de Montes de Valladares e o Centro Veciñal e Cultural de Valladares, intercambiando servizos e compartindo espazo de programación, convertíndonos tamén na radio veciñal e comunitaria de Valadares; moitas grazas e longa vida ás radios libres!!!!

 
 

Propón, solicita, participa con...


Residencias

Proponnos un proxecto para desenvolver en residencia através dos programas que temos implementados.

Eventos

Podes empregar o espazo para presentar unha peza de teatro, concerto, live sesion, instalacións en espazos peculiares, etc.

Workshops

Proponnos o teu obradoiro, actividade de formación, divulgación, palestra

Coñece Alg-a Laboratorio
visítanos en 360°

ALG-A LAB 360°