Rede -i. Unha rede social e colaborativa

Posted · Add Comment

Alg-a Laboratorio, como parte activa e integrante dos colectivos GZimaxinaria e Saramaganta presentamos a Rede social colaborativa e creativa de Galiza e norte de Portugal.

A Rede Imaxinaria conta xa coa participación diversos colectivos independentes e persoas que estámos a confluir en diversos proxectos de Cultura Libre, Redes Participativas, Conciencia ecoSocial, Decrecemento, Economías Complementarias, Tecnoloxías da información, Hardware libre, Radios Comunitarias, Artes e Investigación, Redes Colaborativas, etc.

Estamos confluindo xa dende hai un mes nunha Rede libre, autoxestionada, autónoma e segura.

Podes entrar e rexistrarte en http://gzimaxinaria.net/

Nota 1. Cando entres, e xa que estamos a usar un certificado de seguridade propio e non un comercial expeditado por empresas internacionais de dubidosa reputación, vas recibir un aviso do teu navegador en torno a un potencial perigo de seguridade. Simplemente non acredites).

Nota 2. Os correos de hotmail non están a funcionar nos rexistros. Se tiveses problemas so tes que escribir un correo a gz @ imaxinaria.org para que activemos a túa conta.

 
 

Propón, solicita, participa con...


Residencias

Proponnos un proxecto para desenvolver en residencia através dos programas que temos implementados.

Eventos

Podes empregar o espazo para presentar unha peza de teatro, concerto, live sesion, instalacións en espazos peculiares, etc.

Workshops

Proponnos o teu obradoiro, actividade de formación, divulgación, palestra

Coñece Alg-a Laboratorio
visítanos en 360°

ALG-A LAB 360°