Protocolos e Liñas de investigación

Podes solicitar unha residencia en Alg-a Laboratório entrando en contacto connosco e presentándonos un proxecto de investigación a desenvolver. Este ha de corresponderse en principio con algunha das liñas de investigación do laboratorio, ou tocar nalgún punto con elas. En todo caso, sempre podemos estudar as propostas en concreto, tanto a viabilidade da mesma, como os recursos que Alg-a Lab pode ofrecer. A súa vez contemplamos dúas modalidades básicas de residentes:

  • residencia de colaboración: con experiencia para afrontar tarefas pendentes da casa e da finca asumindo as responsabilidades de manteñemento e mellora do lab cada día.
    APORTACIÓN: 50€/mes.

  • residencia de creación: ou "modo incubadora"; son aquel@s residentes que empregan Alg-a Lab como recurso para investigación e produción propia presentando un proxecto máis persoal.
    APORTACIÓN: 100€/mes.

    LIÑAS DE INVESTIGACIÓN:
  • Arte electrónica e dixital: interactividade e xeratividade.
  • Circuit bending e electrónica DIY
  • Tecnoloxías sociais: comunidade, memoria, psicocartografías, mapas subxectivos.
  • Sustentabilidade e enerxías renobáveis: permacultura, bioconstrución e a súa implementación/optimización dixital.
  • Redes e ondas: servidores, güifi net, streaming, radio.
  • Propón, solicita, participa con...


    Residencias

    Proponnos un proxecto para desenvolver en residencia através dos programas que temos implementados.

    Eventos

    Podes empregar o espazo para presentar unha peza de teatro, concerto, live sesion, instalacións en espazos peculiares, etc.

    Workshops

    Proponnos o teu obradoiro, actividade de formación, divulgación, palestra

    Coñece Alg-a Laboratorio
    visítanos en 360°

    ALG-A LAB 360°