Marco Durán é agora residente en Alg-a Laboratório onde está a darlle forma a este proxecto: Voxel Craft. Trátase dunha plataforma de hardware libre que se plantexa a modo de comunidade de desenvolvemento na que todos os procesos e axentes involucrados na creación de electrónica comparten coñecemento, fabrican baixo-demanda e se benefician mutuamente dos resultados. O proxecto está seleccionado no crowdworking Galicia Open Future onde durante 6 meses mellorarase omodelo de negocia, se crearán os contactos necesarios, se creará o modelo de financiación para dar soporte á estrutura e por último se creará o produto mínimo viábel para comezar a súa comercialización.